Vender a túa casa en Vigo
Dicímosche o que vale de verdade, preparámola para que destaque e acompañámoste ata a notaría. Unha soa persoa contigo de principio a fin.
Unha casa ben valorada véndese. Unha cara, quédase
Antes de poñer a túa casa no mercado entregámosche un informe de valoración feito para a túa casa, non un número sacado dun portal. Con datos oficiais e coas casas parecidas que se están a vender, ou non, preto da túa.
- Ficha do Catastro e valor de referencia de Facenda
- Casas comparables reais: prezo, tempo anunciadas e rebaixas
- Mínimo, prezo de peche e máximo, co seu prezo por metro
- O prezo de saída que che recomendamos, e por que, en tres frases
«As que piden máis na mesma zona levan case dous anos sen venderse: ese é o teito real que marca hoxe o mercado.»
Como vendemos a túa casa
O prezo de verdade, en 48 horas
Estudamos Catastro, valor de referencia e as casas parecidas que se están a vender na túa zona, canto tempo levan anunciadas e canto rebaixaron. Dámosche un mínimo, un prezo de peche e un máximo, e o prezo de saída que recomendamos.
Todo en regra antes de saír
Nota simple, Catastro, cargas, certificado enerxético. Se algo non cadra (unha herdanza sen aceptar, metros que non coinciden, unha leira sen inscribir), vémolo e resolvémolo antes de que o descubra un comprador.
Que a túa casa destaque desde a primeira foto
Fotografía profesional, vídeo e dron cando a casa o merece, e un anuncio que conta a súa historia. A túa casa sae na nosa web en cinco idiomas, nos portais e nas nosas redes.
Só compradores que encaixan
Antes de amosar a túa casa sabemos que busca cada comprador e como pensa pagala. Menos visitas, mellor escollidas, e contámosche o que di cada un.
Da oferta á notaría, contigo
Negociamos no teu nome, preparamos as arras, coordinamos notaría, banco e rexistro, e explicámosche que impostos che tocan. Ata que asinas e entregas as chaves.
Vendas que non son sinxelas
Moitas casas non se venden por un problema de papeis que ninguén resolveu. Con avogados, arquitectos e notaría de confianza, deixámolo listo para vender.
- Herdanzas e varios propietarios
- Divorcios e separacións
- Leiras sen inscribir no Rexistro
- Propietarios que viven fóra de España
- Casas con cargas, embargos ou inquilinos
- Metros do Catastro que non coinciden coa realidade
Sergio Falcón
Sergio Falcón traballa no mercado inmobiliario de Vigo desde 2017 e leva máis de 300 operacións pechadas por un valor superior a 25 millóns de euros. Coñece cada barrio ao detalle, adiántase aos problemas legais e leva cada trámite con orde, para que non haxa sorpresas de última hora. Ti só decides cando empezar.
«Sergio una persona muy atenta y súper profesional, vendió mi casa de 640 mil y gestionó toda la documentación perfecto ya que yo estaba en el extranjero y lo preparo todo al 100%. Muy buena experiencia con su gestión»
«Sergio é unha persoa 10, resolutivo e serio. Asesórate en todo o que precisas e explícacho todo unha e outra vez sen ningún problema. Custoume decidirme a vender a miña casa pero coa súa axuda foi todo máis doado. Mil grazas por todo!»
«Gran profesional que transmite confianza desde o primeiro momento. Destaca pola súa entrega, ilusión e proximidade, sempre atento e respectuoso. Eficaz en cada xestión e cunha actitude impecable.»
«Grazas á inmobiliaria Falcón puiden atopar a vivenda que tanto desexaba. A atención de Sergio como director foi impecable e moi eficaz. O seu trato foi moi próximo e agradable.»
«Grazas á inmobiliaria Falcón puiden atopar unha vivenda para alugar en tempo récord. Sergio é unha persoa moi próxima e transparente con todo.»
«Moi profesionais e atentos, boa comunicación e transparencia de principio a fin. Moi recomendable»
«Un trato humano e excelente.»
Canto vale hoxe a túa casa?
O prezo real de mercado en menos de 48 horas, con comparables reais e sen compromiso.
Valorar o meu inmobleO que nos preguntan antes de vender
A valoración é de balde aínda que despois non venda convosco?
Si. Dámosche o informe e decides con calma. Non te comprometes a nada.
Canto se tarda en vender unha casa en Vigo?
Depende sobre todo do prezo de saída. Unha casa ben valorada e ben presentada móvese desde as primeiras semanas; unha que sae cara pode pasar meses sen visitas. Por iso comezamos sempre polo prezo.
Que papeis necesito para vender?
O teu DNI, a escritura, o último recibo do IBI e o certificado enerxético, que é obrigatorio para anunciar. A nota simple e a consulta do Catastro pedímolas nós. Se falta algo, dicímosche como conseguilo.
Que impostos paga quen vende?
A plusvalía municipal, se o solo gañou valor, e o IRPF pola ganancia entre o que che custou e o que vendes. Se tes hipoteca, tamén a súa cancelación. Facémosche o cálculo antes de poñer o prezo, para que saibas o que che queda limpo.
Canto cobrades?
Dicímoscho claro na primeira reunión, por escrito e antes de comezar. Sen sorpresas ao final.
E se a casa ten un problema de papeis ou é unha herdanza?
É máis habitual do que parece e forma parte do noso traballo. Cos nosos avogados, arquitectos e a notaría deixámolo resolto para que a venda non caia á última hora.
Falemos da túa casa
Cóntanos onde está e como é. Chamámoste, vémola e en 48 horas tes o seu valor real de mercado.