Alugar a túa casa en Vigo
Buscamos o inquilino axeitado, comprobámolo todo e deixamos o contrato atado. Ti só asinas. E despois, seguimos ao teu carón.
Un bo aluguer empeza por escoller ben a quen
A maioría dos problemas dun aluguer evítanse antes de asinar. Por iso non ensinamos a túa casa a calquera: primeiro comprobamos quen é, de que vive e se pode pagar a renda con folgura.
- Nóminas, contrato de traballo ou declaración da renda
- Referencias de alugueres anteriores cando as hai
- Seguro de impagos tramitado antes da sinatura
- Contámosche o que vimos de cada candidato, e decides ti
- Fotografía profesional e vídeo
- Anuncio na web, nos portais e nas redes
- Todas as visitas, feitas por nós
- Estudo de solvencia do inquilino
- Seguro de impagos
- Contrato, inventario con fotos e depósito da fianza
- Entrega de chaves
- Apoio despois da sinatura para calquera xestión
Honorarios: unha mensualidade de renda máis IVE, ao asinar o contrato.
Como alugamos a túa casa
O que se paga de verdade na túa zona
Miramos os pisos e locais parecidos que se están alugando preto do teu, canto piden e canto tardan en alugarse. Dicímosche a renda á que se aluga rápido e ben, non a que soa mellor.
Que a túa casa destaque desde a primeira foto
Fotografía profesional, vídeo e unha ficha que conta o que ten a túa casa. Sae na nosa web en cinco idiomas, nos portais e nas nosas redes.
Solvencia comprobada antes de ensinala
Pedimos nóminas, contrato de traballo e referencias antes da visita, e ensinámola nós. Presentámosche só a quen pode pagar e encaixa contigo, e contámosche por que.
Todo atado antes de dar as chaves
Tramitamos o seguro de impagos coa aseguradora, redactamos o contrato á túa medida e conforme á lei, facemos o inventario con fotos e depositamos a fianza no Instituto Galego da Vivenda e Solo.
Sinatura, entrega e seguimos ao teu carón
Asinamos contigo e co inquilino e entregámoslle as chaves. Despois seguimos ao teu carón para o que xurda: unha dúbida co contrato, a actualización da renda, unha prórroga ou o final do aluguer.
Sergio Falcón
Sergio Falcón traballa no mercado inmobiliario de Vigo desde 2017 e leva máis de 300 operacións pechadas por un valor superior a 25 millóns de euros. Coñece cada barrio ao detalle, adiántase aos problemas legais e leva cada trámite con orde, para que non haxa sorpresas de última hora. Ti só decides cando empezar.
«Grazas á inmobiliaria Falcón puiden atopar unha vivenda para alugar en tempo récord. Sergio é unha persoa moi próxima e transparente con todo.»
«Sergio una persona muy atenta y súper profesional, vendió mi casa de 640 mil y gestionó toda la documentación perfecto ya que yo estaba en el extranjero y lo preparo todo al 100%. Muy buena experiencia con su gestión»
«Sergio é unha persoa 10, resolutivo e serio. Asesórate en todo o que precisas e explícacho todo unha e outra vez sen ningún problema. Custoume decidirme a vender a miña casa pero coa súa axuda foi todo máis doado. Mil grazas por todo!»
«Gran profesional que transmite confianza desde o primeiro momento. Destaca pola súa entrega, ilusión e proximidade, sempre atento e respectuoso. Eficaz en cada xestión e cunha actitude impecable.»
«Grazas á inmobiliaria Falcón puiden atopar a vivenda que tanto desexaba. A atención de Sergio como director foi impecable e moi eficaz. O seu trato foi moi próximo e agradable.»
«Moi profesionais e atentos, boa comunicación e transparencia de principio a fin. Moi recomendable»
«Un trato humano e excelente.»
O que nos preguntan antes de alugar
Canto cobrades por alugar a miña casa?
Unha mensualidade de renda máis IVE, cando se asina o contrato. Deixámoscho por escrito antes de empezar, sen sorpresas.
Págao o inquilino?
No aluguer de vivenda, non. A Lei de Arrendamentos Urbanos non permite repercutir ao inquilino os gastos de xestión inmobiliaria nin os de formalizar o contrato, así que os paga o propietario. Por iso traballamos para ti, e nótase en como escollemos o inquilino.
Como sei que o inquilino vai pagar?
Ninguén pode garantilo ao cen por cen, pero pódese reducir moito o risco. Comprobamos a súa solvencia antes de ensinarlle a casa e recomendámosche un seguro de impagos, que tramitamos nós. Se deixa de pagar, o seguro responde segundo a súa póliza.
Que pasa coa fianza?
A lei obriga a pedir unha mensualidade de fianza en vivenda e dúas en locais. En Galicia hai que depositala no Instituto Galego da Vivenda e Solo, e diso encargámonos nós.
Que papeis necesito para alugar?
O teu DNI, a escritura ou a nota simple, o último recibo do IBI e o certificado enerxético, que é obrigatorio para anunciar. Se falta algo, dicímosche como conseguilo.
E despois da sinatura?
O noso traballo remata coa sinatura e a entrega de chaves, pero non desaparecemos. Se xorde unha dúbida, toca actualizar a renda, hai unha prórroga ou o inquilino marcha, chámasnos e axudámosche.
Alugades tamén locais e oficinas?
Si. Locais, oficinas e baixos comerciais, co mesmo coidado. Nun local cambian algunhas regras do contrato e explicámoschas antes de asinar.
Falemos da túa casa
Cóntanos onde está e como é. Chamámoste, vémola e dicímosche a que renda se aluga e en canto tempo.