- Construídos
- 411 m²
Praza de garaxe no soto incluída
O local
Moitos investimentos obríganche a escoller entre cobrar desde o primeiro día e non ter que preocuparte do inquilino. Este non. Un local de 411 m² a pé de rúa na avenida de Fragoso, a poucos minutos a pé de Balaídos, que se vende con inquilino por 350.000 €.
O inquilino é un negocio consolidado: unha tenda de puericultura que abriu aquí en 2017 e leva case unha década no mesmo local. Escríbenos e pasámosche todos os números do investimento.
Son dous locais contiguos en planta baixa que funcionan como un só, de 163 e 248 m² construídos segundo o Catastro, con escaparates á avenida e unha praza de garaxe no soto que entra na venda. Desde o mostrador vese a tenda de punta a punta, con chan de madeira e unha segunda sala de exposición ao fondo.
É para quen busca un investimento sólido: un local grande, nunha avenida con comercio de barrio xunto a Balaídos, e un inquilino que xa demostrou que o seu negocio funciona aquí. Mércase e cóbrase desde o primeiro mes.
Cobrar desde o primeiro día e non preocuparte do inquilino. Na avenida de Fragoso, as dúas cousas.
Propiedade comercializada en exclusiva por Inmobiliaria Falcón. A petición dos nosos propietarios, pregase canalizar calquera consulta, visita ou xestión a través de Inmobiliaria Falcón.
O que ten
- Véndese con inquilino: negocio con case unha década no local
- Contrato de alugamento en vigor
- 411 m² construídos en planta baixa
- Escaparates á avenida
- A poucos minutos a pé de Balaídos
- Praza de garaxe no soto
Datos legais
- Prezo total
- 350.000 €. Os impostos e gastos da compra págaos o comprador á parte.
- Certificado enerxético
- En trámite
- Localización
- Av. de Fragoso, Vigo. O enderezo exacto dáse ao concertar a visita. Ver a zona no mapa →