Casa · Teis, Vigo (Pontevedra)

Casa Reformada de 3 Plantas con Garaxe

En venda395.000 €
Construídos
385 m²
Cuartos
5
Baños
3

A casa

Para as familias que queren unha casa con espazo de verdade, sen renunciar a vivir a un paso do centro de Vigo. Tres plantas totalmente reformadas, sen nada pendente de facer.

Na planta baixa, salón comedor amplo conectado coa cociña, equipada con electrodomésticos de última xeración e lista para usar desde o primeiro día. Completa esta planta un baño e acceso directo ao garaxe pechado.

Na planta principal, catro cuartos, un deles convertido actualmente en vestidor, un baño completo, galería e unha terraza con potencial aínda por descubrir, comunicada directamente coa terraza da planta superior.

A planta baixo cuberta é o gran diferencial desta casa: unha estancia diáfana de amplas dimensións, hoxe acondicionada como saliña de estar con cama, aínda que o seu tamaño e distribución permiten outros moitos usos (despacho, ximnasio, segunda zona de descanso). Conta con baño propio e acceso directo á súa propia terraza, a máis alta da vivenda.

A calidade da reforma nótase nos detalles: ventás con dobre acristalamento climalit e carpintaría de perfil groso, que garanten un bo illamento térmico e acústico fronte ao ruído da rúa. Chans de gres en toda a vivenda, e madeiras coidadas en portas, escaleiras e no teito da planta baixo cuberta. 242 m² rexistrados, cunha superficie real aproveitable superior.

Situada en Teis, a poucos metros do Mercado Municipal, con farmacias, supermercados, colexios, centro de saúde, transporte público e todo o que poidas precisar a un paso da porta. A zona, ademais de contar con espazos xa coñecidos como o Monte da Guía ou a praia da ETEA, está en plena revalorización: o Concello está investindo preto de 7 millóns de euros nunha nova piscina municipal a poucos metros desta vivenda, con reapertura prevista a principios de 2027.

O que ten

  • Ano de reforma
  • 2015
  • Adosada
  • Despensa
  • Electrodomésticos
  • Garaxe incluído
  • Prazas de garaxe
  • 1
  • Trasteiro
  • Terraza
  • Metros de terraza
  • 60 m2

Datos legais

En venda395.000 €
WhatsApp