Casa · Camos, Nigrán (Pontevedra)

Casa Reitoral con Capela Consagrada

En venda1.700.000 €
Construídos
570 m²
Parcela
6681 m²
Cuartos
5
Baños
2

A casa

Antiga casa reitoral da parroquia de Santa Baia de Camos, no Val Miñor. Unha leira completa de 6.681 m² pechada na súa totalidade por muro de cachotaría de pedra, con capela consagrada, múltiples edificacións e xardíns con vistas abertas á Serra da Groba. Superficie construída total aproximada de 764 m².

A vivenda principal ocupa dúas plantas e uns 540 m² construídos. A planta alta organízase arredor dun salón de 54 m² con cheminea de pedra e chans de parqué, un comedor de 35 m² e unha suite principal de 25 m² con galería acristalada de 10 m² aberta ao val e aos xardíns. A planta baixa ten dous dormitorios con baño propio cada un, galería acristalada con saída directa ao xardín e comedor de verán exterior cuberto. Toda a vivenda conta con calefacción por bomba de calor e aire acondicionado con controis independentes por estancia, ventás de dobre acristalamento con vidro de seguridade, placas solares para auga quente, alarma e portas blindadas nos dormitorios.

Fóra da vivenda principal, a leira ofrece tres apartamentos de convidados completamente independentes, con baño privado e acceso directo ao xardín. Dous deles teñen salón e dormitorio separados. Hai tamén unha casa-cenador con salón, comedor, cociña con barra, cheminea, aire acondicionado e un alpendre ao longo de toda a súa fachada.

A zona de piscina funciona de forma autónoma respecto da casa. Piscina de gran tamaño con equipamento automático completo, cuarto técnico soterrado con bombas e dosificadores, solario, ducha exterior e vestiario interior con ducha e zona de cambio.

Garaxe teitado para cinco vehículos e explanada aberta con capacidade para dez máis. Galpón de traballo e almacenaxe independente. Adega de pedra e lagar.

Os xardíns inclúen froiteiras de distintas variedades, especies suramericanas adaptadas ao microclima da zona, xardín de cactus e horta en produción. Toda a leira ten rega automática alimentada por dous pozos, unha mina de auga propia e unha comunidade veciñal de tan só 48 usuarios.

E o que converte esta propiedade en algo que non se atopa no mercado: capela consagrada con sancristía e amplo alpendre, cruceiro, hórreo, lareira de pedra de grandes dimensións baixo unha estrutura cuberta de kiwis, e unha gruta con mina de auga dentro da leira. Todo dentro dun recinto privado con total illamento acústico e visual respecto da contorna.

A propiedade está inventariada por Patrimonio sen catalogación BIC, o que permite intervencións con maior flexibilidade. Foi restaurada completamente cara a 1982 e desde 1999 mantívose e actualizouse de forma continua: instalacións, cubertas, baños, carpintaría, climatización, rega e accesos.

Camos é unha das parroquias con maior concentración de pazos e casas solarengas da comarca. Esta leira forma parte dese paisaxe e non hai outra igual dispoñible.

O que ten

  • Material
  • Pedra
  • Rega autom.
  • Garaxe incluído
  • Trasteiro
  • Terraza
  • Adega
  • Luminoso
  • Exterior
  • Vistas
  • Piscina
  • Sumidoiros

Datos legais

En venda1.700.000 €
WhatsApp