Casa · A Guía, Vigo (Pontevedra)

Casa Independente con Vistas ao Mar e á ponte de Rande

En venda450.000 €
Construídos
370 m²
Parcela
1340 m²
Cuartos
9
Baños
5

A casa

Hai poucas casas na Guía onde poidas almorzar vendo a ponte de Rande desde a túa propia terraza. Esta é unha delas.

Unha casa independente de 370 m² construídos sobre unha parcela de 1.340 m² con xardín privado, nunha das zonas máis buscadas de Vigo por quen quere vivir preto do centro sen renunciar a espazo, privacidade e contacto co exterior.

Unha parcela propia deste tamaño, tan preto do centro, xa non se atopa. E en Galicia mercar terreo propio nunca foi só mercar metros: é ter a túa terra, a túa casa, sen mirar para o veciño.

A casa distribúese en tres plantas. A planta baixa ten entrada con alpendre, un salón con cheminea e vistas abertas á ría, cociña de leña totalmente equipada e garaxe con capacidade para un coche e tres motos. Na primeira planta hai varios dormitorios conectados por unha terraza exterior con vistas despexadas ao mar, entre eles o principal, con baño en suite e jacuzzi. A planta baixo cuberta suma o resto ata completar 9 dormitorios e 5 baños en total, con máis vistas á ría desde as súas propias ventás.

O xardín é o outro gran argumento desta casa. Máis de 1.300 m² con grella, cenador, pozo e fonte con motor, pensados para gozar todo o ano, coa ría como pano de fondo desde a propia zona de grella. Hai tamén unha habitación auxiliar para ferramentas e almacenaxe.

A vivenda ten calefacción por chan radiante, armarios empotrados e electrodomésticos incluídos. Está lista para entrar a vivir.

A localización é céntrica dentro da Guía, a un paso da praia da Punta e da área recreativa da Etea, con acceso rápido a colexios, universidade, centros comerciais e conexión directa tanto con Vigo centro como con Chapela e a AP-9.

Se polas mañás prefires ver a ponte de Rande antes ca unha pantalla, esta é a casa. Ven vela.

O que ten

  • Garaxe incluído
  • Trasteiro
  • Terraza
  • Adega
  • Luminoso
  • Exterior
  • Vistas
  • Sumidoiros
  • Auga de traída
  • Grella
  • Armarios empotrados

Datos legais

En venda450.000 €
WhatsApp